Grupos seleccionados para o concerto-fase final de PÍNTAO DE ROCK: CERTAMEN DE ROCK + ARTES PLÁSTICAS E VISUAIS organizado polo IES Ramón Cabanillas e o Concello de Cambados.
Na seguinte táboa aparecen os grupos seleccionados para esta fase final e a súa puntuación.
NOME DO GRUPO
|
APARTADO MUSICAL
|
APARTADO DE ARTES PLÁSTICAS E VISUAIS
|
PUNTUACIÓN FINAL
|
CABINA 402
|
6.30
|
5.80
|
6.05
|
CUARTA CEJILLA
|
7.00
|
7.26
|
7.13
|
KILLING FLOOR
|
7.34
|
7.19
|
7.26
|
SOFÁ AMBULANTE
|
8.11
|
7.50
|
7.80
|
· Os seleccionados actuarán nun concerto-final o día 10 de Abril do 2015 no salón de congresos e exposicións José Peña do Concello de Cambados, a partir das 20:30 h.
· Os compoñentes das Bandas que actúen en directo deberán corresponder aos membros inscritos. A sustitución dalgún membro deberá estar xustificada por causas de forza maior e deberá autorizarse pola organización. En todo caso o sustituto debe cumprir os requisitos recolleitos nestas Bases.
· As bandas que tomen parte no concerto deberán acudir cos seus propios instrumentos e amplificación, se ben a organización preparará convintemente a sala para o envento ( mesa de son, amplificación xeral, iluminación básica…). Se a actuación dalgunha das bandas requerise un tratamento concreto de iluminación, escenografía, vestiario…deberá ser previsto polos participantes. Cóntaremos cun proxector dixital e pantalla na sala, se algún dos participantes quere proxectar imaxes ou vídeos durante a súa actuación facérnolo saber e achegade os arquivos.
· Os gastos de desprazamento para realizar a súa actuación correrán a cargo dos participantes.
· As cancións interpretadas en directo por cada participante poden ser ata 4, sendo obrigatoriamente a metade das mesmas como mínimo de autoría propia. A duración da actuación de cada grupo non excederá os 20 minutos.
· A orde de actuación será inversamente ás votacións obtidas na fase de selección (1º Cabina 402. 2º Cuarta cejilla. 3º Killing floor. 4º Sofá ambulante)
· O Xurado estará composto polo mesmo grupo anterior + un representante do público asistente ao concerto para cada proposta, escollido ao chou pola organización.
· O Xurado valorará de novo o apartado musical e no apartado de artes plásticas e visuais ademais das propostas presentadas terá en conta tamén a posta en escena de cada banda.
· Con anterioridade á celebración do concerto convocaremosvos para a proba de son e calquera outra condición que solicitárades, e posiblemente terá lugar o día 8 ou 9 de abril en horario de tarde.
· Contaremos coa actuación dunha banda convidada para o peche do concerto, Booty Sweat de Vigo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario