viernes, 30 de enero de 2015

RESULTADO DAS VOTACIÓNS. ‘PÍNTAO DE ROCK: CERTAMEN DE ROCK + ARTES PLÁSTICAS E VISUAIS’. IES RAMÓN CABANILLAS + CONCELLO DE CAMBADOS

Grupos seleccionados para o concerto-fase final de PÍNTAO DE ROCK: CERTAMEN DE ROCK + ARTES PLÁSTICAS E VISUAIS organizado polo IES Ramón Cabanillas e o Concello de Cambados.

Na seguinte táboa aparecen os grupos seleccionados para esta fase final e a súa puntuación.

NOME DO GRUPO
APARTADO MUSICAL
APARTADO DE ARTES PLÁSTICAS E VISUAIS
PUNTUACIÓN FINAL
CABINA 402
6.30
5.80
6.05
CUARTA CEJILLA
7.00
7.26
7.13
KILLING FLOOR
7.34
7.19
7.26
SOFÁ AMBULANTE
8.11
7.50
7.80

·                    Os seleccionados actuarán nun concerto-final o día 10 de Abril do 2015 no salón de congresos e exposicións José Peña do Concello de Cambados, a partir das 20:30 h.

·                    Os compoñentes das Bandas que actúen en directo deberán corresponder aos membros inscritos. A sustitución dalgún membro deberá estar xustificada por causas de forza maior e deberá autorizarse pola organización. En todo caso o sustituto debe cumprir os requisitos recolleitos nestas Bases.

·                    As bandas que tomen parte no concerto deberán acudir cos seus propios instrumentos e amplificación, se ben a organización preparará convintemente a sala para o envento ( mesa de son, amplificación xeral, iluminación básica…). Se a actuación dalgunha das bandas requerise un tratamento concreto de iluminación, escenografía, vestiario…deberá ser previsto polos participantes. Cóntaremos cun proxector dixital e pantalla na sala, se algún dos participantes quere proxectar imaxes ou vídeos durante a súa actuación facérnolo saber e achegade os arquivos.

·                    Os gastos de desprazamento para realizar a súa actuación correrán a cargo dos participantes.

·                    As cancións interpretadas en directo por cada participante poden ser ata 4, sendo obrigatoriamente a metade das mesmas como mínimo de autoría propia. A duración da actuación de cada grupo non excederá os 20 minutos.

·                    A orde de actuación será inversamente ás votacións obtidas na fase de selección (1º Cabina 402. 2º Cuarta cejilla. 3º Killing floor. 4º Sofá ambulante)

·                    O Xurado estará composto polo mesmo grupo anterior + un representante do público asistente ao concerto para cada proposta, escollido ao chou pola organización.

·                    O Xurado valorará de novo o apartado musical e no apartado de artes plásticas e visuais ademais das propostas presentadas terá en conta tamén a posta en escena de cada banda.

·                    Con anterioridade á celebración do concerto convocaremosvos para a proba de son e calquera outra condición que solicitárades, e posiblemente terá lugar o día 8 ou 9 de abril en horario de tarde.

·                    Contaremos coa actuación dunha banda convidada para o peche do concerto, Booty Sweat de Vigo.

jueves, 15 de enero de 2015

BOOTY SWEAT, A BANDA INVITADA


BOOTY SWEAT EN CONCERTO!

BANDA INVITADA PARA O PECHE DA GALA-FASE FINAL DO CERTAMEN 'PINTAO DE ROCK' CHEGA ESTE FIN DE SEMANA, O DIA 17 DE XANEIRO, Á ILLA DE AROUSA. O CONCERTO E NO 'CON DO MOUCHO' AS 23:00 H.