viernes, 5 de septiembre de 2014

ARTEFACTOSALNÉS 2013: PÍNTAO DE ROCK

ARTEFACTOSALNÉS 2013: 
PÍNTAO DE ROCK.
EXPOSICIÓN NO PAZO TORRADO. CAMBADOS 2013



ARTISTAS CONVIDADOS



E O ROCK FÍXOSE CARNE E NERVIO


Non saber existir sen música. A vida comezou cun lategazo de Hendrix. Eu era un feto morto no pesadume, a mediocridade gris, e entón chegou aquel milagre en acordes mesturados. A electricidade ao servizo da rabia, o amor desesperado, a loita, os soños, a rebeldía, a ilusión, o que nunca tiveramos mortos en vida: esperanza.

E o rock fíxose mago e trouxo un mundo vivo, estraño, incríbel, cotiá, cheo de matices e emocións e viaxamos, choramos, berramos, ansiamos, rachamos, suor contra suor entre acordes disonantes e fomos sendo outros, e outros. E todos fomos un. E un eramos todos.

Esa guitarra eléctrica esganada, esa batería golpe exacto, ese baixo dende a cova, esa voz, tremor e calma, esa letra labirinto máxico, ese latexo na portada, esa melodía inesperada, todo iso co que marchas e nunca sabes a onde, nunca sabes a fin da viaxe porque nunca hai última parada.

A música, o rock cóbreo todo cun manto de semente incendiaria. E chegaron vinilos e cintas e cd´s e mp3´s, pero sempre, sempre, perdurou a esencia do que entendiches un día: O rock é un o ecosistema único formado polos seus múltiples sons, os seus sinxelos imposibles, os seus frenéticos ouveos, os seus amarelos, os seus verdes, os seus ocres, os seus negros.

O ROCK, SE É QUENTE CULTURA, SE É CARNE E NERVIO, PODE DAR SENTIDO A UN MUNDO TAN FERMOSO COMO INFAME.

ASÍ QUE, DÉIXAO ESTAR, “LET IT BE” POR TODA UNHA HUMANA ETERNIDADE DE SOIDADES COMPARTIDAS.

LONGA VIDA AO ROCK!!! BENDITO COMPAÑEIRO, BENDITA ENERXÍA!!! MORTE AO QUE SEMPRE FOI NOITE FRÍA, SILENCIO ESCURO!!!


Manuel Seixas, 1 de Marzo do 2013.






ENRIQUE CONDE

TWIST AND SHOUT

2013

TÉCNICA MIXTA

DIMENSIÓNS VARIABLES


“EL ROCANROL ES CREMA PARA EL ACNÉ. EL HEAVY METAL CHAMPÚ PARA LA ALOPECIA”

ENRIQUE CONDE


DESEÑOS DO ENVOLTORIO PARA O CATÁLOGO 'PÍNTAO DE ROCK'






La rasco y
arde,
ennegrece y
casi me tuesta las
yemas.

Fíjese bien:
no he dicho nada:
una cerilla no es nada:
un listón
diminuto, una
gota de fósforo.

Y muere ardiendo.


Se sentó a
mi lado.
Tenía un poco
rotos los
dos dientes de
delante.

Y no era nada:
el hueco, dos
dientes,
no es nada.

No necesito jurarlo:
casi me mata.



-Manuel Mata.







A DE HERMITAS, ACCEPT YOURSELF (The Smiths)


Ingredientes: Xibia/tinta de Xibia/patacas/tona de leite/nabos/cebola/aceite de oliva/fumét/mollo teriyaki/brandy/viño branco/pementa branca/cebolleta/sal


Elaboración: limpamos unha Xibia separando os tentáculos,as ovas,a tinta, a pel. Reservamos.

Para a crema de pataca: cocemos as patacas,o Nabo e unha chisca de aceite. A cocción en exceso ata que case se desfaga. Botamos a tona de leite,reducimos e pasamos pola batidora. Engadimos a tinta.

Para os tentáculos: cortamos en paisana a cebóla e os tentáculos,pochamos; queimamos nel o Brandy, e engadimos o fumét que previamente fíxemos coa pel e a cebolleta, uns grans de pementa branca e auga.

Para as ovas: cocémolas en fumét e un chisco de aceite e viño branco

Para a Xibia: fíleteámola moi finamente, o maís fina posible cun coitelo e pasámola pola prancha uns cincuenta segundos engadíndolle o mollo Teriyaki (viño de arroz 50% e mollo de soia esencialmente)

Final e presentación: Nunha fonte, axudados dunha manga pasteleira, imitamos as liñas dun pentagrama, e sobre ela imos poñendo todos os ingredientes coma notas musicais.

XAN GALBÁN




GUILLERMO CHARLÍN

SEN TÍTULO

2013

TÉCNICA MIXTA

DIMENSIÓNS ANCHO--80CM x ALTO--40CM x FONDO--20CM 


"Todos teníamos ideas,y utilizábamos cualquier cosa que se presentase,daba igual que fuera folk,country,blues,indio o árabe"

John Bonham






























































































ARTISTA HÉCTOR QUINTELA

TÍTULO "UN HOMBRE SIFILÍTICO ES UN HOMBRE TERRIBLE. MATEO MORRAL"

ANO MARZO 2013

TÉCNICA LÁPIZ MEDIO DE GRAFITO SOBRE PAPEL BLANCO DE 185 G/M2

DIMENSIÓNS 21 X 29,7 CM







Héctor Quintela, Cambados, 1987. Caricaturista.











"Bagatelas en torno al punk.





El 31 de mayo de 1906, atentaba Mateo Morral, joven anarquista, contra el Real Cortejo Nupcial mediante una bomba escondida en un ramo de flores que fue arrojado desde un balcón a la calle Mayor, cuando por allí pasaban justamente Alfonso XIII y Victoria Eugenia. El atentado fue fallido, también una carnicería, y llevó a pronunciar al Rey su tan famosa frase: "Gajes del oficio". Morirá luego Morral, se podría decir, a causa de sus finos modales.





En febrero de 2013, la Policía desmantela una bomba escondida en la Catedral de la Almudena, reivindicada a posteriori por el Comando Insureccional Mateo Morral, que responde al grito de "Fuego al talego viva la anarquía!!!". Atendiendo a lo delirante del asunto, hay quien cree que se trata de un montaje por parte de la propia Policía, como cuando los bomberos prenden montes, pero ahorrándose el humo."











ISI VAAMONDE


Calypso Frelimo #2


Texto da segunda colaboración de Daniel Salgado no programa Disimulen, dirixido por Iago Martínez en CuacFM (2013).





No epílogo d’A obra de arte na época da súa reprodutibilidade técnica, o apaxado e con todo enormemente produtivo Walter Benjamin estabelece a partición entre o esteticismo da política e a politización da estética. “O fascismo agarda da guerra, tal e como confesa Marinetti”, escribe, “a satisfacción artística da percepción sensorial modificada pola técnica. Resulta patente que isto é a realización acabada do art pour l’art”. Segundo o pensador alemán, nun dos seus aforismos máis célebres e desviados por lecturas posmodernas, “velaí a estetización da política que o fascismo propugna. O comunismo respóndelle coa politización da estética”. Sábese, da man do vello Marx, que a historia sempre regresa e que a segunda vez faino como farsa. É por iso que ler o intercambio desigual entre as músicas occidentais de orixe popular e os ritmos banalmente denominados africanos á luz de teses redactadas para enxergar o parable ascenso de Arturo Ui ten algo de farsa. Mais, ao tempo, posibilita un ángulo de visión que revela unha relación de dominación onde aparentaba haber, unicamente, efervescencia pop.

Cando Vampire Weekend irromperon na gastada paisaxe musical do século, a pantasma de Paul Simon volveu percorrer as revistas de tendencias. Aquel melodicamente afortunado Graceland atopábase, sen ningunha dúbida, no substrato dos alegres rapaces neoiorquinos. Tampouco eles se esforzaron en negalo. Do que non adoitaron falar foi de como a operación de Simon provocara a reacción das xentes comprometidas no combate contra o apartheid sudafricano e a acusación de colaboracionismo. Malia a participación directa de músicos africanos nas coloridas sesións do elepé. Tal e como Joan Manuel Serrat e Joaquín Sabina e Leonard Cohen cantan para un Estado teocrático e constitucionalmente racista en Tel Aviv, ao autor de The sounds of silence non lle importou non consultar cos militantes do Congreso Nacional Africano (CNA) a pertinencia de rachar o boicot ao réxime. Curiosamente, un compañeiro de xeración –morto, non asasinado-, Gram Parsons, abandonara os Byrds por se negar a viaxar á Sudáfrica segregacionista. Pero en 1986, ano de Graceland, a teoría do sentido común dominante comezaba a dicilo con clareza: “Meus, trátase de música, non de política. Tranquilos”.











A xeopolítica pop aposta ao desenvolvemento desigual. Occidente desposúe de territorios sonoros as culturas empobrecidas e disfraza a operación de apertura multicultural. No contexto de desaparición de horizontes políticos emancipatorios, a despreocupación polas consecuencias é a ética de garda. Ninguén se responsabiliza do destino dunha decisión formal. Nin da barbarie que porta na outra cara un documento de cultura. Esta inxenuidade cómplice conduce á estetización, pace Benjamin, da política. Vampire Weekend absorbe, de segunda man, os modismos high life de certa África atlántica e ignora a violencia simbólica que exerce. Tapa con manierismos as cicatrices da noite escura do século XX. Sitúase exactamente na posición oposta ao diálogo de iguais iniciado por The Ex, vai xa para máis dunha década.

No catedralicio Turn, onde xuntan a Eduardo Galeano co jazz etíope, os holandeses traducían á súa inédita linguaxe de guitarras o son da cidade miseria. Theme from Konono, a ponte tendida coa agrupación de Kinshasa, foi o primeiro elo dunha cadea de afinidades. Pero é no Moa Anbessa, un disco co saxofonista de Adís Abeba Getatchew Mekuria, cando o recoñecemento mutuo acada unha síntese máis acabada. Contra a política estetizada, a politización da estética: The Ex viaxaron polo país, gravaron en estudios da capital, ofreceron e recibiron información sobre a historia sonora de Etiopía, introduciron a crítica no mesmo modo de produción da súa propia música. A partir do punto exacto en que Archie Shepp colocara a cuestión das alianzas co movemento de descolonización –fíxoo ao rexistrar, na Alxer liberada de 1969 e con músicos indíxenas, o magmático Live at the Pan-African Festival–, os libertarios holandeses impugnan a febleza poscolonial e recuperan a dialéctica sobre a igualdade. Para, no inconsciente político, apór a Vampire Weekend o discurso incendiado de Frantz Fanon en Paz negra, máscaras brancas e practicar, unha vez e outra, a liberación: “O branco quere o mundo; quéreo íntegro para el só. Descóbrese a si mesmo señor prestidixitador deste mundo. O branco fai servo seu ao mundo. O branco establece entre el e o mundo unha relación de apropiación. Pero hai valores que só callan no meu prebe”.



http://www.disimulen.com/2013/calypso-frelimo-1

http://www.disimulen.com/2013/calypso-frelimo-2

http://www.disimulen.com/2013/calypso-frelimo-3

http://www.disimulen.com/2013/calypso-frelimo-4

http://www.disimulen.com/2013/calypso-frelimo-5



ARTISTA ANXO PASTOR

TÍTULO ILDEFONSO 7

ANO 2013

TÉCNICA TINTA CHINA SOBRE PAPEL GRAVADO, SUPER ALFA





CARL PERKINS

"Blue Suede Shoes"

1955

Escrita sobre un saco de patatas en una granja, su autor tuvo tan mala suerte que cuando empezaba a tener éxito un accidente lo postró en una cama con el cráneo roto un año. Elvis Presley la popularizó cosechando un gran éxito.



Bueno,es uno por el dinero
dos por la función
tres para prepararse. Ahora ve,gato,ve
pero no pises mis zapatos de gamuza azul.
puedes hacer cualquier cosa
pero no a mis zapatos de gamuza azul,

Puedes echarme,pisar mi cara
dar palmadas a mi trasero por todas partes
hacer todo lo que quieras
pero, querida,no te acerques a mis zapatos
ahora no pises mis zapatos de gamuza azul
puedes hacer lo que quieras pero
no a ,mis zapatos de gamuza azul.

Bueno es uno para el dinero
dos para la función
tres para prepararse ahora ve
gato,ve
pero no ,pises mi zapatos de gamuza azul
puedes hacer lo que quieras
pero no a mis zapatos de gamuza azul

Son mis zapatos de gamuza
azul,azul,azul
zapatos de gamuza
azul,azul,azul
amor,zapatos de gamuza
azul,azul,azul
si amor, zapatos de gamuza

ONE HUNDRED YEARS (THE CURE)

“No importa si todos morimos”. Las ciudades se queman en su propia soledad en la más absoluta negrura con la desgana de los viejos tiempos. La tiranía de la imbecilidad impone a sus lacayos la prohibición de sonreír abiertamente, de soñar con la deslumbrante y nacarada desnudez de la luna, de sentir como otro cuerpo arroja sus ángeles sobre la calidez crepuscular de nuestra carne, de usar la palabra como un narcótico o una espada. La horrible fijación de los teenagers por la vacuidad de lo intrascendente. Títeres andrajosos de las redes sociales y de su podrida ignominia. Esperamos el sábado como perros enfermos mientras besamos las manos del ciego. Ansiamos esa extraña luz púrpura que se nos otorga cuando alcanzamos algún tipo de certidumbre mientras en las habitaciones vacías dormimos con la boca llena de tierra y lloramos silenciosamente mientras oímos el susurro casi imperceptible de nuestro corazón como una evacuación de pus en la oscuridad. Hombres y mujeres como una peonza en la mano de los muertos mientras excrementan su cansancio en la cola del paro. Las mentiras corporativistas y su alacrán de tiniebla. La injusticia y sus truculentos espejos deformantes. La deslealtad y su monstruo babeante. La prima de riesgo y su puta madre. La banca y sus secuaces como abanderados de la pornografía y del hedor insoportable de la codicia. Los bárbaros no miran a los ojos cuando hablan. Sobre la tumba del Führer los pájaros defecan. La delicuescencia de las heces, el musgo y la herrumbre borran todo vestigio de la gloria de antaño. Ahora las huestes de albanokosovares armados con su violencia impúdica nos saquean a sus anchas amparados por una suerte de rigor mortis legislativo. La vida nos ha estafado a través de la decrepitud sublimada del poema. La esperanza está en cuarentena en los cuarteles del invierno y el amor no es más que un truco de un acabado tahur del Misisipi que ha marcado la baraja. La impotencia sanguinolenta ante la expectativa estéril de llegar a tocar por última vez un vientre de almíbar derribando nuestros labios en la penumbra acuosa de la tarde. La delación de los inocentes para que sean sacrificados como cerdos en la arena negra del circo televisivo. Treinta denarios por la constatación de todos los sueños incumplidos. El desconsuelo y la ceniza purulenta de las cosas vacías cegando nuestros ojos enrojecidos por el frío cianuro de la aurora . La obligación de lo cotidiano como una pústula que se infecta de larvas de mosca un día tras otro. Ya nadie escucha el apagado lamento de los fantasmas que ha dejado la vida y sus vicisitudes. Ya nadie ve a los ahogados temblando en las entrañas ulceradas del olvido. Ya nadie escucha nada. Ya nadie ve nada. Cien años de sangre lloviendo a raudales sobre el rictus acerado de nuestro rostro. Cien años de castigo regurgitando nuestra culpa en las galeras fastuosas del infierno. Cien años de dolor confinados en las grutas asfixiantes del oprobio. Somos los hermosos vencidos clamando piedad en el vano purgatorio de los días y tan sólo nos queda la fe vestida de inmaculada novia o hechizante concubina. Cae la nieve roja en el umbral del más insondable misterio, el que nos hace humanos, el que nos nutre de ese resplandor azul que araña la piedra , el que desanda el tiempo lapidado obscenamente por el viento en la deflagración de las almas, el que restaña ardientemente la profanación de la conciencias gangrenadas . ¿Dónde está la luz que secretamente se conjuraba para limpiar nuestros cuerpos? ¿Dónde está la Belleza que bebimos en cálices de oro y turquesas? ¿Dónde están los zíngaros que en la noche practicaron su magia? “No importa si todos morimos”.

AUGUSTO CHAVES



ARTISTA CARLOS MAÑO

TÍTULO SEN TÍTULO

ANO 2012

TÉCNICA MIXTA/TEA

DIMENSIÓNS 135 x 96 CM











TEXTO: fragmento do texto de Carlos L. Bernárdez para o libro de carlos Maño,2Mentes 1Pulso y editado por La Diputación de Pontevedra para a colección de Artistas Plásticos Galegos no ano 2009.:



MUSICA Y ARTES PLASTICAS. ALGUNAS EXPERIENCIAS CONTEMPORANEAS



Si pasamos del mundo de la emisión de sonidos al territorio de la concreción plástica hallamos que las relaciones entre la música y las artes plásticas son un fenómeno constante desde los inicios históricos del hecho artístico. La misma expresión gráfica del lenguaje, ligada según muchos estudios sobre su origen al hecho m usical, es en puridad, un hecho plástico, recuérdense las diferentes escritas, desde la ideográfica, a jeroglífica, llegando a los alfabetos. Estos últimos, si bien es cierto que responden a un modelo de letras y no de signos de un proceso de abstracción de símbolos previos, ligados a la emisión de sonido, a la palabra, el canto y la danza......



.......Como demostró la excelente muestra Analogías Musicales ( Museo Thyssen - Bornemisza, madrid 2003 ), la proyección del modelo artístico de la musica sobre la pintura fue muy intensa en el desarrollo inicial del lenguaje abstracto. Hace falta destacar experiencias de artistas como Kupka y Delaunay, que toman las relaciones ritmicas y el símil de la luz y el sonido como elementos constitutivos de su pintura. también son de interés las experiencias de artistas como Picabia o Severini, inspirados en la danza y el ritmo de la música moderna y las de Klee, Macke, con sus modulaciones basadas en el damero como esquema compositivo, que acabarán por llevar al primero a una especie de polifonía pictórica........



ARTISTA CAROLINA BARREIRO

TÍTULO DAVID BOWIE

ANO 2012

TÉCNICA ACRÍLICO/LENZO

DIMENSIÓNS 92 x 73 CM





ARTISTA EMÉRITA MÉNDEZ

TÍTULO SPACE ODDITY

ANO 2013

TÉCNICA ACRÍLICO SOBRE PAPEL

DIMENSIÓNS 20X24 CM



"Una vez que controlas las herramientas, todas las formas de arte son, a la postre las mismas"

David Bowie



http://emeritamendez.blogspot.com.es/





CAROLINA BARREIRO 01



Oh no love! you're not alone

You're watching yourself but you're too unfair

No matter what or who you've been

No matter when or where you've seen

You're not alone

Gimme your hands cause you're wonderful!





Rock 'N' Roll Suicide - David Bowie







...Y DE ENTRE EL VACÍO CREÓ DIOS LOS SONIDOS (…) Y VIO DIOS QUE ERA BUENO.

“AND THE GODS MADE LOVE” ( Y LOS DIOSES HICIERON EL AMOR ), JIMI HENDRIX EXPERIENCE “ ELECTRIC LADYLAND “ 1968.

..UNA VEZ CRUZADA LA FRONTERA DE LA CREACIÓN, EL HOMO CROMAÑÓN VISLUMBRÓ UN NUEVO SINO DE LA ESENCIA HUMANA…LA TRANSCENDENCIA…”

“NEW DAY RISING” ( UN NUEVO AMANECER ), HÜSKER DÜ “NEW DAY RISING “ 1985.

.. CREANDO (…) LOS EGIPCIOS BUSCABAN Y HALLABAN EL SOLAZ Y AMPARO DE SUS DIOSES…”

“ GOD WALK AMONG US NOW” ( AHORA DIOS CAMINA ENTRE NOSOTROS ), FLAMING LIPS “ IN A PRIEST DRIVEN AMBULANCE WITH SILVER SUNSHINE STARES “ 1990.

RAZÓN,EQUILIBRIO,BELLEZA..Y DIONISOS BORRACHO,TAMBALEÁNDOSE…

“TWO SIDES TO EVERY STORY” ( DOS VISIONES PARA CADA HISTORIA ) GENE CLARK 1977.

.. FUE ENTONCES CUANDO EL ESPÍRITU SE IMPUSO A LA CARNE,(..) Y LA VERGÜENZA VOLVIÓ A ANIDAR EN EL ESPÍRITU DEL ARTISTA.

“JESUS” ,THE VELVET UNDERGROUND “ THE VELVET UNDERGROUND” 1968.

…PARA EL HOMBRE SER, DIOS DEBÍA CEDER PARTE DE SU PROTAGONISMO (…) SÓLO ASÍ SUS OBRAS PODRÍAN ERIGIRSE EN EL CENTRO DEL UNIVERSO…

“I’M A MAN “ ( SOY UN HOMBRE ) BOB DIDLEY “ BOB DIDLEY” 1957.

…AL AMPARO DE LOS CAMBIOS ESTRUCTURALES, FILOSÓFICOS Y ESPIRITUALES, Y POR UN PERÍODO DE MÁS DE 4 SIGLOS, EL ARTE SE EXPANSIONÓ Y CONTRAJO, NEGÓ (COMO PEDRO) A SUS PREDECESORES PARA A SU VEZ SER PASADO A CUCHILLO…TODO ELLO MUESTRA DE LA FISONOMÍA CAMBIANTE DEL HOMBRE Y SU ESPÍRITU…

“REVOLUTION” ( REVOLUCIÓN) SPACEMEN 3 “ PLAYING WITH FIRE” 1991.

… Y AUNQUE EL PRECIO A PAGAR FUESE ELEVADÍSIMO, CASI SUICIDA..EL ARTISTA ABRAZÓ EL MÁS SUBLIME DE LOS OBJETIVOS, LA ABSOLUTA LIBERTAD DE EXPRESIÓN ARTÍSTICA ..

“TOMORROW NEVER KNOWS” ( MAÑANA…NUNCA SE SABE ) THE BEATLES “REVOLVER” 1966



SOUL Y SOMBRA

ARTISTA IRIA RIBADOMAR

TITULO VARIOS TÍTULOS

ANO 2013

TÉCNICA ACRÍLICO, BOLÍGRAFO E TINTA CHINESA SOBRE CARTÓN

DIMENSIÓNS 2 PEZAS DE 83 x34,5 x 4 CM C/U















“O Rock é linguaxe, un conxunto de códigos cos que expresarse. Pode estar nunha canción, nun cartel, nunha película... cada formato é unha canle máis e ten os seus recursos para facer que a mensaxe se "pinte de Rock" e remate sacudindo a mente do que a recibe”.



ARTISTA JOSÉ LUIZ OUBIÑA

TITULO FREE AS A BIRD

ANO 2013

TÉCNICA IMPRESIÓN DIXITAL EN LENZO

DIMENSIÓNS 100 x 58 CM











Free as a bird, it's the next best thing to be. Free as a bird.

Song “Free as a bird” by John Lennon, 1977

Libre como un pájaro, es la próxima cosa que quiero ser. Libre como un pájaro.

Canción Libre como un pájaro de John Lennon, 1977





ARTISTA JUAN MORENO BADÍA

TITULO DEXTER GORDON

ANO 2013

TÉCNICA ÓLEO SOBRE LENZO

DIMENSIÓNS 65 x 81 CM



"LOS VIAJEROS DEL ROCK, NAVEGAN BAJO EL CIELO ESTRELLADO DE SUS INSTRUMENTOS"



JUAN MORENO BADÍA



ARTISTA MANOLO CHAZO

TÍTULO TESTAMENINA

ANO 2011

TÉCNICA MADEIRA NOGUEIRA

DIMENSIÓNS 40 x 20 x 15 CM













Unha voz, un simulacro de silencio,

unha palabra buscando a saída da idea

partindo para o seu final.



Eran os sons abrazando as múltiples

figuras de barro e cristal remexendo

as enfangadas guitarras dun propietario anónimo.



Na próxima estación unha nube invisible

pousábase nas butacas do espectáculo

esperando a pincelada de luz

para terminar o berro musicado.





MANOLO CHAZO



Para min o rock é tan importante como o pop ou como o jazz ou a música electrónica ou a indie ou o folck; tan importante como un libro, como unha ensalada, como un paseo, como unha caricia ou un bico. Lembro moitos episodios da miña memoria vencellados á música e, en especial, á musica rock no seu sentido amplo, que é algo máis ca un tupé baixo unha chupa e un pantalón de pitillo. Pero teño que confesar que comecei escoitando música coas cintas magnéticas que atesouraba meu pai, case todas jitpareis, hoxe friquis, trasnoitadas, rutilantemente chirriantes, pero daquela gustaba de tararear unha versión de acuario ou cantar mi limón mi limonero, echa un vacho de chevecha que me sube a la cabecha ou as tres cruces de luis mariano. Todo, como digo, moi na onda de luar avant la lettre. E lembro tamén, fachendoso como son neste aspecto -veredes tamén que escatolóxico- que escoitei sete veces seguidas o tuisanxau dos bitels no retiro do meu retrete, valga a redundancia, unha tras dou tra, sen pausa, naquela época tracto-intestinal. E chegaron despois as variadas músicas da man de meu irmán, da man de Simango, de Santiago, cando viña da efepé de facerse electricista e mangante e eu a aproveitarme da coxuntura toda, tanto de suso vahamonde e de fuxan os ventos e gomadous como de leonard cohen e patty smith e deep purple e lou reed, mesturados nun prebe extrano con blaquisblá e ramadadindón. Nunca me abandonou o rock e ate chegou a ser a miña divertición dos sábados pinchando nun café de padrón e aprendendo de Jose que traía para disfrute da concurrencia o clásico e o último e así din co jazz e a psicodelia que me enchían os miolos de melodías que non reprimía en canturrrexar na volta de madrugada a casa e que me facían feliz. Comprendín co paso dos anos que a música é para min unha especie de terapia de primeiro grao en todas os seus manifestacións, privada ou compartida, pasiva ou activa, e que me sería imposible vivir sen ela. Ela é a que me ata, por exemplo, a outras expresións creativas igualmente lenitivas e sandoras, á poesía e ao debuxo, pero sobre todo, é a que nos convoca e nos sumerxe nunha particular maxia humana e creativa que nos transporta, que nos eleva, que nos emociona, que nos bota por veces fóra do tempo. Tocar en grupo é unha experiencia relixiosa (sic). Viva a música, viva a arte, viva a liberdade, viva a vida.

PD: non me gustaría ser pesado nin tampouco fachendar de abuelo cebolleta, pero se vos digo que coñecín a Rosendo Mercado con catorce anos, en persoa, no camerino dunha actuación de Leño nun pobo de Madrid, en Morata de Tajuña, na discoteca New Center, para máis señas (ai,









se tivera a mesma memoria para as datas de historia!) a vós e como se non vos digo nada, claro. Curioso, pero foi o meu Justino Bieber daquela. Probade a escoitar un e mailo outro. E perdón por se falto.



XOSE LOIS GIL MAGARIÑOS

ARTISTA XURXO ROMERO

ANO 2013

TÉCNICA ACRÍLICO/LENZO

DIMENSIÓNS NOVE LENZOS DE 30 X30 CM (100 X100 CM)







Esta composición plástica corresponde a una parte del itinerario sonoro que dejó alguna huella en mi personalidad musical.

Hay muchos grupos de Rock y portadas de discos que se quedan fuera de esta selección, pero los incluidos, son piezas claves para mi y para entender el viaje musical que hoy otros continúan. La selección va desde el año 1968 ata o 1995.

Las imágenes que acompañaban a los discos tenían su relevancia, a veces incluso más que el propio contenido musical. Y fue el mundillo del Rock y los músicos quienes le dieron un empujón más allá de un sentido comercial, coma una necesidad de mostrar gráficamente el concepto y el color de su música. De ahí viene mi intención de hacerles un homenaje a los músicos y autores gráficos de las portadas de los siguientes grupos:





Información no es conocimiento

Conocimiento no es sabiduría

Sabiduría no es verdad

Verdad no es belleza

Belleza no es amor

Amor no es música

La Música es lo mejor.



Frank Zappa.



ARTISTAS ALUMNOS


Sinceramente, apenas sé de la cultura rock. Sé lo que aprendo con el tiempo, con lo que me enseñan amigos que sí saben, o con las clases de música impartidas en el instituto. Pero aun que sé poco, creo que esta cultura tiene mucho que ver con la cultura hip hop. Las dos culturas buscan algo diferente a lo establecido, buscan otras formas de ver y contar las cosas. Hay gente que la ve como una cultura inferior o simplemente cree que ni una cultura es. Obviamente, son personas que nunca han dedicado ni diez minutos de su tiempo a buscar algo de esta cultura (ni lo típico de “movimiento urbano nacido en la década de los 60 en el Bronx, Estados Unidos, que engloba principalmente cuatro disciplinas artísticas”) o que ni han querido escuchar a nadie que le pudiese informar. Y otra obviedad, es que no estoy en nada de acuerdo con esta gente.

La cultura Hip Hop no es sólo la definición estándar dada antes, es más que eso. Se dice que es una cultura ya que los componentes de la misma tienen rasgos comunes: estilos de vida, formas de vestir, de ver las cosas, costumbres, jerga… Pero cuanto más crece esta cultura, más opiniones diversas hay. Lo que sí debería estar presente (siempre desde mi opinión personal) son varios puntos los cuales, a veces, la gente olvida. Uno es el aspecto urbano, el hip hop surgió de la calle, y no digo que tengas que venir de un barrio marginal para conocerlo, sino que se debería tener una conciencia social en este mundo, no centrarlo todo en este punto, pero sí tenerlo mínimamente presente. Otro es el de la libre forma de expresión, todos los integrantes de la cultura lo utilizan muchas veces con este fin, y esto debe de hacerse siempre desde el mayor respeto. Utilizar el hip hop como denuncia de todo lo que no es justo, de ansias de libertad, utilizarlo como una forma de tener esperanza, de mostrar orgullo, enfado o cualquier tipo de emoción.

Lo que quiero decir con todo esto, es que creo que tanto la cultura del Rock como la del Hip Hop, tienen aspectos en común: el respeto, la conciencia social, la denuncia de lo injusto y todo lo que he nombrado cuando hablaba de lo que nunca debería faltar en la cultura hip hop, y ahora añado, que tampoco debería faltar en la cultura del Rock, ni en ninguna otra.

Marta Charlín Martínez



ARTEFACTOSALNÉS 2013: 
PÍNTAO DE ROCK. TODO O QUE NECESITAS É...THE BEATLES
EXPOSICIÓN NO PAZO TORRADO. CAMBADOS 2013





I AM THE WALRUS

Todos queremos comprenderlo todo, absolutamente todo. Somos seres inseguros en su mayoría y a menudo necesitamos una razón en la que basar nuestros actos, un factor externo a nosotros mismos que nos permita averiguar si lo estamos haciendo mal o bien.

Inconscientemente hacemos que nuestras vidas carezcan de contenido y las volvemos vacías. Seguimos modas, seguimos creencias, seguimos a líderes... seguimos la corriente y nos ahogamos en ella, nos ajustamos tanto dentro de unos esquemas que rechazamos nuestra propia personalidad.

Entrenamos nuestras mentes para descifrar todas aquellas "señales" que el universo nos envía. Sacamos conclusiones aunque no haya ningún indicio aparente y estamos tan obcecados en resolver incógnitas que siempre estamos buscando la cara oculta de la luna, por si ella tiene la respuesta. Tanto profundizamos que acabamos matando la esencia de las cosas.

« Sólo porque otras personas vean significados de lo que sea... [...] No hay que tomárselo todo tan al pie de la letra. » Dijo Lennon, víctima del atentado contra el alma de la música.

Cuando el mundo conoció / am the walrus el mundo se sintió confuso. Era incomprensible, no nos aportaba nada, no nos enseñaba nada... Nada, aquella canción no decía nada. De pronto comenzaron a surgir interpretaciones, resultado de alguna que otra mente aturdida en busca de significados, en busca de señales. Y nadie supo ver en aquella cancioncilla del famoso grupo inglés la sencillez de lo absurdo, la magia de lo abstracto o lo increíble de hacer música desde otro nivel.

Fueron ellos, los Beatles, quienes en ese momento nos enseñaron que la música es libre, que tiene carácter y también personalidad.

No todo está destinado a ser entendido o razonado, existen ciertas cosas que deben ser vividas de una manera especial, y la música es una de ellas.



María Pomares Aragunde




PÍNTAO DE ROCK. INTRO


PÍNTAO DE ROCK: CERTAMEN DE ROCK + ARTES PLÁSTICAS E VISUAIS está dirixido a grupos ou solistas novos da comarca do Salnés co obxectivo de impulsar e difundir a música emerxente e todo o referente ás artes plásticas e visuais relacionadas con este ámbito.

AS ENTRADAS DESTE BLOG SERVEN COMO RECOMENDACIÓN PARA A PREPARACION DOS TRABALLOS GRÁFICOS E VISUAIS A PRESENTAR (PORTADAS DE DISCOS, POSTERS, FLYERS, LOGOS, ILUSTRACIÓNS, CÓMICS, ESCENOGRAFÍAS, VESTIARIO, VIDEOCLIPS...) ASI COMO PARA A POSTA EN ESCENA DOS PARTICIPANTES, E COMO NON, TAMÉN COMO INVITACIÓN PARA A ESCOITA DESTAS MÚSICAS QUE LATEXAN BAIXO TODA ESTA ESTÉTICA. 

* CERTAMEN DESTINADO A ALUMNOS MATRICULADOS EN CENTROS DE SECUNDARIA DO SALNÉS 

solicitude de bases: pintaoderock@gmail.com

FICHA DE INSCRIPCIÓN



ánimo! ritmo...



...e paciencia



* AS ENTRADAS IRANSE ACTUALIZANDO SIMULTANEAMENTE E AMPLIANDO ATA A FINALIZACIÓN DO CERTAMEN